lunes, enero 29, 2007

Comentando: The Prestige

Antes de nada porei o trailer, por dúas razóns: a) gústanme os videos e b) queda máis pro a reseña informal esta.

Ben, feito isto, só resta falar de The prestige, traducido en España por algún idiota mongólico sordomudo como "El Truco Final" (qué valor fai falta, carallo).
A pesar de que, ao contrario que boa parte da humanidade, Batman Begins non me acabou de chistar, fun o suficientemente pringado como para buscar a ver se había trazas dunha segunda parte (que si que hai, que se chamará The Dark Knight e aparecerá o rubio gay de Brokeback Mountain facendo de Joker), e así me tropecei con que Christopher Nolan iba a estrenar en breve unha peli chamada The Prestige.
Logo deste toque de atención, souben o argumento: dous magos moi moi moi obsesionados coas súas movidas chachis-pirulis son amigos pero transfórmanse en rivais. Entón, nese preciso instante, foi cando dixen: "pois pode molar, oies".
Peeeeeero... O momento decisivo foi cando me enterei do reparto. Non só os magos enfrontados eran Christian Bale (o puto Batman) e Hugh Jackman (o jodido "Lobeto"), senon que (oh, Lord) aparecía Michael Cane e (oh, Lord, i love you) o maldito Ziggy Stardust, o Rei dos Trasgos: David Bowie, señoras e señores.
En canto á peli. Bueeeeeeno.
Estar está guachi. É cool, é emocionante, é épica. Mantén o ritmo, as actuacións son caralludas (incluso David Bowie, que aparece bastante sosegado para ser a Drama Queen que é). Pero ten esos fallos hollywoodienses que...que se lles vai a pinza, ho. Tanta maxia e tanta cousa bonita, e contra o final aparecen un mundo de efectos especiais fuleros e de cousas chupichachis que ao meu parecer sobran mil.
Por outro lado, nin que decir ten que esta peli gañaba moito máis coa presencia do bo de Matt Damon...Saúda, Mattie!
jijijiji


Exacto

2 Comments:

Blogger Ofiuroman said...

teño que dicir que a nova estética véxoa completamente descompensada co que ven sendo o tono do blog... vou ter que cambiar o meu blogroll...

martes, 30 enero, 2007  
Blogger Monito Efervescente Ninja Plus Ranger said...

absolutly deacordo
Qué pasou aquí????
ME1 ten que da explicacións

miércoles, 31 enero, 2007  

Publicar un comentario

<< Home