lunes, enero 29, 2007

No Future, Destroy

Ás dúas da tarde e recén erguido, o rapaz antisistema da camiseta fedorenta camiñaba feliz cos seus pés renegridos polo salón, entre pósters antiglobalización e bandeiras da CNT, cando un cheiro nauseabundo vido da cociña chamou a súa atención. Parecía ser que as sobras das lentellas que fixera a súa colega de cona chea de pulgas levaban alí unha semana e apodreceran de todo.
Así que, resignado e aturdido, tivo que limpar toda aquela merda.
O primeiro foi baixar ao Dia e, en vendo que a propiedade é un roubo, o noso amigo decidiu tomar prestados os productos de limpeza, dado que lle collían perfectamente na mochila de la tuneada con chapas dos Pistols e imperdibles semioxidados.


Unha vez estivo limpa a cociña, tirouse no sofá da sala e mantivo un acalorado debate co seu compañeiro de piso acerca de política, pois mentres o noso colega se refería a sí mesmo como un "anarco-sindicalista pacífico", o seu compañeiro defendía con convicción que o marxismo segue sendo viable no século XXI e que a URSS moi mal moi mal.

A pesar de non chegar a ningún acordo, finalmente acabaron cambiando de tema inconscientemente para poder asentir con severidade: "o ser humano sobra no planeta Terra porque é unha especie horrible". Dito isto, o noso amigo pensou que ao mellor podería imprimir un cartel anti-quecemento global e pegalo na porta da habitación (agora tiña un poster do Che, pero como en realidade non se consideraba un seguidor deste arxentino militarista xa tiña ganas de quitalo).



Na outra punta da cidade, o empresario pensaba na nova linea de roupa de estilo punkie e na pasta que se iba a sacar.

6 Comments:

Blogger abqloveyou said...

Hello! Mozilla Firefox web browser has updated,Please visit my blog,Free download Quickly

lunes, 29 enero, 2007  
Blogger ps3785863 said...

Very good article,I prepared a very good gift for you, please visit my blog, The best browser fo you in History

lunes, 29 enero, 2007  
Blogger Monito Efervescente Ninja Plus Ranger said...

manda carallo coa mierda mierdosa de putos comments de publicidade chungérrima.
Por certo, a imaxe do post pertence ao cómic "Toni Bolinga", de Nono Kadáver, publicado por TMEO.

lunes, 29 enero, 2007  
Blogger sbj850805 said...

Very good article,I prepared a very good gift for you, please visit my blog, The best browser fo you in History

lunes, 29 enero, 2007  
Blogger Monito Efervescente Ninja Plus Ranger said...

Incrible!Esta mierda apareceu toda medio minuto despois de publicar o artigo!!

lunes, 29 enero, 2007  
Anonymous I.R.I.A. said...

O propio blogger na páxina de administradores ten unha opción para filtrar os comentarios programados.
Gustame o blog, aínda que agora tivo un baixón.

martes, 30 enero, 2007  

Publicar un comentario

<< Home