sábado, febrero 03, 2007

O home grande do beizo partido non puido seguir ignorando o seu sino por máis tempo e pola mañá cedo decidiu deixar dunha vez aquelas terras deixadas polo tempo ao frío. Atrás quedaban anos de mirar á morte á cara e de xogar á ruleta co destino. As súas mans degolaran núas aos tremendos osos que habitaban entre os páramos deshabitados, e as súas lanzas partiran en dous a máis dun home do clan viciño. Na súa frente enrugada adiñábanse cascadas sen idade batendo na rocha agrietada, e uns moi pequenos ollos amarelos agochábanse de canto mal tiñan visto, mentres observaban cada pequeno movemento con ganas de destripalo, matalo, humillalo.
Atrás deixou a casa ardida e mailos corpos formando un círculo negro. Parou un intre no camiño.
Cravou a lanza, tirou o escudo.
E batendo no cabalo galopou, galopou dirección surleste.