sábado, octubre 28, 2006

Comentando: Infiltrados

Ben, como onte fomos 3 monitos efervescentes a ver infiltrados, aqui está a miña ampliación ao comentario de Monoman, ao que simplesmente teño un par de detalles que engadir.

Non podo evitar mencionar que os diálogos son sublimes; os chistes, increíblemente chisposos...sen embargo segundo avanza a peli, vanse pulíndo.


Decir tamén, que non me mola nada o DiCaprio en plan malote, bueno si que está ben, pero hai expresións que non me acaban de convencer, parece malote de máis, non sei se me explico.

E por último, Matt Damon...non teño palabras, é xenial no seu papel, a peli sería moi diferente se non estivese, sobre todo para todos aqueles que viron "Team America" e recordedes isto:


Pois ben, durante toda a peli, non hai unha soa escena na que apareza matt damon na que non se poda incluir o de "MATT DAMON!!!" con esa voz de retrasado de Team América, adáptase en todo momento, incluso nas escenas nas que non di nada, posto que a podemos meter como se estivese pensando(xa sei que é Matt Damon, non pensa moito xD) e así a peli resulta moito máis divertida(non digo que non o sexa se a ves en plan "normal?" xD)

En definitiva, unha peli recomendable, cun argumento entretido acerca da mafia sen ser a italiana de sempre, e con algunha que outra sorpresa ao longo da historia.