lunes, noviembre 27, 2006

Adeus ao home galleta, e breve introducción á matemática efervescente.

fai uns días anunciei o nacemento do meu home galleta, que creei co Blender 3D modeller....ben, hei de anunciar, que o meu home galleta xa non existe.

A explicación da súa desaparición non é outra que ao reinstalar o meu apreciado Ubuntu no pc, algúns datos desapareceron sen motivo, e non fixera copia deles para conservalos...ademáis tamén perdín a discografía de Siniestro Total, que agora teño que volver a baixala e MECAGHO NA MERDA DE DISCO DURO QUE NJKSMLMN SLDN ASMLNMKFD e perdín o meu home galleta(con isto quero facer referencia á nosa nova seccion, "MECAGHO")

e bueh, gustaríame rendir homenaxe ao meu home galleta, que tanto esforzo e(sobre todo) tempo me levou facer.

"fixera un home galleta, non era perfecto, non era maravilloso, pero gustábame o meu home galleta.
o meu home galleta era incrible, acabei ata os collons de facer o home galleta, pero gustábame o meu home galleta.
e farto que estaba, o home galleta quedou sen ollos, sen boca, e sen botons no peito, pero gutábame moito o meu home galleta
e tratei de animar ao meu home galleta, como xa taba farto, deixeino tal cual, pero como me gustaba o meu home galleta.

era meu, e de ninguén mais, jodédevos que non tivéchedes un home galleta como o meu porque o meu era meu, e tan bonito me parecía tal cual estaba, que era parcialmente feliz, porque fixera un home galleta."

descanse en paz o meu home galleta.
_____________________________________________________________________________________

Ben, esta parvada pode parecer un pouco estúpida e excesiva por un simple home galleta tridimensional, pero se non o comprendedes é culpa vosa, porque non fixestedes un home galleta como o meu e non o comprenderedes nunca nunca nunca nunca nunca nunca nunca nunca nunca nunca nunca nunca nunca nunca.
_____________________________________________________________________________________

camiño pola rúa da salvación
temos, amigo, unha nova ecuación
cando divides A por B
e lle sumas vintetrés
o cadrado do teu cubo
sen aristas has de obter.

se o calculas e che dá
éche unha enfermedá

1+1=2 e non catro vellos mariñeiros metidos nun bote.